ANPA CEIP Nazaret
Con la tecnología de Blogger.
Enlaces de interese
Seguidores
Arquivo
-
▼
2013
(20)
- ► septiembre (1)
O tempo
O noso cole
domingo, 24 de marzo de 2013
Comunicado Comedores
0:52
|
Este é o comunicado de prensa que a federación de ANPAS de Ferrolterra enviou a prensa co motivo dos recortes nos comedores escolares. Este mesmo escrito foi remitido a xunta de Galicia en nome de varias federacións de ANPAS incluida a de Cangas onde o noso centro é socio.
A Federación de Anpas de Centros
Públicos de Ferrolterra quer facer público un comunicado ó respecto das
declaracións dos responsables da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
recentemente publicadas.
A Federación de Anpas de Ferrolterra, xunto con Foanpas de Vigo, Federación de Anpas de Compostela e Comarca,
Federación de Anpas de Cangas, Federación de Anpas de Ponteareas e Federación
de Anpas de Val Miñor, o pasado día 18/03/2013 fixemos entrega dun escrito no
Rexistro Xeral da Xunta de Galicia dirixido ao Sr. Conselleiro de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria. No escrito amosamos o mais absoluto
rexeitamento ás pretensións manifestadas polo Conselleiro de Educación, de
cobrar o servizo de comedores escolares alí onde ate agora é gratuíto. Lonxe
desta perspectiva mercantilista da
educación, as familias consideramos que os comedores escolares son unha
parte esencial do servizo educativo, e como tal debe ser público e gratuíto,
polo tanto prestado pola Xunta de Galiza dentro do conxunto da actuación
educativa. Entendemos que hai que tender á universalización deste servizo en
todos os centros educativos da Comunidade, implantando un modelo de xestión
igual que elimine os desequilibrios e as diferencias territoriais.
Rexeitamos rotundamente o reiterado discurso do goberno galego, e español,
que xustifica os recortes educativos na situación de crise económica actual, o custo da educación non pode ser
considerado un gasto, é o mais grande investimento que pode realizar unha
sociedade de cara ao seu futuro. A política de recortes no sistema
educativo solo consigue reducir a súa calidade e castigar aínda mais as xa
maltreitas economías familiares, duramente castigadas por unha crise financeira
que foi provocada polo insaciable apetito do gran capital, único beneficiario
do desmantelamento do estado social.
Nesta mesma liña denunciamos e rexeitamos con igual rotundidade, a abusiva
suba das taxas nas esinanzas especiais (a música, o deporte, as artes
escénicas, os idiomas, etc...), estas constitúen un complemento necesario e
indispensable na formación persoal e social das nosas fillas e fillos, estas políticas
as converten en ensinanzas elitizadas, reservadas as clases sociais mais
poderosas economicamente.
Para finalizar queremos transmitir ao Goberno da Xunta que as familias galegas poremos todo o noso
esforzo e utilizaremos todos os
mecanismos ao noso alcance, para evitar a destrucción do sistema educativo
actual que, aínda que por suposto é mellorable, está considerado un dos
mais igualitarios e compensadores de Europa.
Asinado Javier Sánchez, Presidente de Feanpas Ferrolterra
Ferrol, 23 de marzo de 2013
sábado, 23 de marzo de 2013
ACTIVIDADES GRATUITAS
2:59
|
Queremos recordar vos que:
1.
Durante
os meses de abril e maio teremos unha actividade gratuíta para as familias
socias
da ANPA. Tratase de Biodanza. Realizarase a actividade os xoves de
18.00 a 19.00 no comedor do centro. Destinada a pais/nais e os seus fillos. Os
nenos teñen que vir acompañados dun adulto. Para todas as idades. Os non socios deberán pagar unha cota de 10€ o mes. AS CLASES COMEZAN O XOVES 4 DE ABRIL.
2. O día 12 de abril, (cambiamos a data), teremos unha actividade gratuíta para os socios da ANPA, no comedor do colexio.
Destinada a pais/nais e nenos/as de 5º e 6º de primaria. Os nenos non teñen que
vir acompañados dun adulto. Trátase dun xogo sobre cultura xeral. O horario e
dende as 18.00 ata as 19.30. Non socios 3€.
ENCERRO NO IES DE RODEIRA
2:44
|
ESCOLA PÚBLICA
NON AOS RECORTES
ENCERRO
5 de Abril
dende as 20:00 h.
IES Rodeira
CEIP do Hío
ven connosco !
Convoca a Federación de ANPAS de Cangas
----------------------------------------
Este é o cartel para o encerro que terá lugar no IES de Rodeira para protestar polos recortes na ensinanza e contra a nova lei de educación. Estanse a preparar en varios centros novas asambleas para informar os pais sobre esta lei, o que propón, o que busca, é moi importante que nos mobilicemos. A educación non é un xoguete ou un lucimento para os políticos É UN DEREITO de todos.
Este día 5 de abril haberá encerros en moitos centros de Galicia, se non podes estar toda a noite non importa, ven un momento. Con media hora xa chega. É importante que os nosos políticos se decaten de que no tema da educación non apoiamos as súas propostas. ÚNETE A NÓS.¡
Suscribirse a:
Entradas
(Atom)