ANPA CEIP Nazaret
Con la tecnología de Blogger.
Enlaces de interese
Seguidores
O tempo
O noso cole
martes, 3 de diciembre de 2013
Que estamos a facer ....
12:30
|
No mes de novembro celebrouse o Cross en Nazaret, alí estivemos todos cos nosos fillos para velos correr.
Quince días antes celebramos o magosto como todoslos anos en Limens. Coma sempre foi moi divertido.
Agora xa comezaron os ensaios para a obra teatral feita polos pais. Este curso son en total 6 nais e 3 pais, que o están a dar todo para facer unha bonita representación para divertir os nosos fillos o día da festa de nadal.
Xa empezaron tamen os traballos da carroza para a cabalgata de reis. Traballan nela 20 familias.
Temos ido a multiples reunións, no concello, na federación, na aula da anpa, traballando para representar o noso centro e pedir, e pedir, e esixir todo o que precisa o noso centro. E se temos que ir e facer manifestacións tamén facemos e vamos.
Neste momento estamos a traballar para que abran unha nova porta no centro que teña rampa, poñan os estores de proba para paliar a calor nas aulas, conseguir un parque infantil no centro, retiren a area dos areeiros, e conseguir que o concello se implique nun proxecto ambicioso coma o que é que os nosos fillos poidan ir camiñando o colexio sos. A supervisión das calles estaría feita por voluntarios do concello.
Damos dende eiqui as grazas a todos os pais do centro pois para facer posible todo isto sen a vosa axuda non sería posible.
jueves, 12 de septiembre de 2013
Comedor
3:21
|
Este curso o servizo do comedor o realizará unha empresa nova, Villasenin. O custo do prato está por determinar pero rondará nos 2.52€ podendo ser 5 céntimos por riba ou por abaixo.
O comezo do comedor será o próximo lúns 16. As fichas de inscrición están na secretaría do centro.
Recordade que o prazo para a solicitude de becas do comedor remata o día 14. Tendes de que ir a Bienestar Social no edificio Solla.
jueves, 15 de agosto de 2013
Comedor curso 2013/2014
13:27
|
O día 1 de agosto tivemos unha reunión co edil de educación o Sr. Gestido. Nela comunicousenos que están pendentes de facer o concurso para asignar a empresa que deberá atender os comedores o vindeiro curso. O concurso otorgará a concesión por doús cursos e realizarase a finais de agosto.
sábado, 27 de julio de 2013
PROPOSTA ACTIVIDADES DA ANPA PARA O CURSO 2013/2014
12:26
|
ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES CURSO 2013/2014
Aula psicomotricidade
|
LÚNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
16.00/17.00
|
Primaria e Infantil
Custo 8€ o mes.
|
Infantil e Primaria.
Custo 10€ o mes
|
Aula de Relixión
|
LÚNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
16.00/17.00
|
Xogamos en Inglés.
Profesor nativo.
Infantil
Custo da actividade 7€
|
Primaria
1º,2º,3º
Custo 7€ o mes
|
LÚNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
|
17.00/18.00
|
Fútbol.
Infantil e Primaria.
Custo da actividade 15€ o mes, o precio é polos doús días de entrenamento
a semana.
|
Fútbol.
Infantil e Primaria.
|
Comedor
|
LÚNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
16.00/17.00
|
Gaita e percusión.
A partir de 7 anos.
Custo da actividade 10€
|
Custo da actividade 7€ o mes.
Primaria.
|
Modelado e Debuxo.
Infantil e Primaria.
Custo 10€ o mes.
|
Modelado e Debuxo.
Custo 10€ o mes.
|
|
17.00/18.00
|
Escola pais/nais
|
||||
18.00/19.00
|
Escola pais/nais
|
Ximnasio
|
LÚNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
16.00/17.00
|
Balonmán
Primaria. Gratuita. A partir de 5 anos.
|
||||
17.00/18.00
|
Primaria.
Custo 8€ o mes.
|
Pista Grande
|
LÚNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
16.00/17.00
|
Balonmán.
Cando non
chova
|
Baloncesto.
Cando non chova. No horario de 17.00/18.00
|
Estes prezos son para todos
aqueles nenos socios da ANPA, os non socios terán que pagar 15€ o mes.
As actividades comezarán no mes
de Outubro e rematarán no mes de Maio. (Ámbolos dous incluídos).
Comezo do curso 2013/2014
12:02
|
O comezo do novo curso escolar será o día 11 de setembro.
sábado, 15 de junio de 2013
Microteatro feito polos pais
3:14
|
Estas son unhas poucas fotos dos dous microteatros feitos por algunhas nais do cole. Foi unha experiencia moi bonita e positiva. As primeiras fotos corresponden a escenificación dunha canción titulada Don Ramón. E as dúas últimas fotos corresponden a un conto sobre a mentira.
viernes, 14 de junio de 2013
FESTA DO VENRES 21 DE XUÑO
10:27
|
O
venres 21 de xuño realizarase unha festa fin de curso. Este ano, co motivo do
50 aniversario do cole será unha festa un pouco diferente.
Esta
festa é para TODOS OS NENOS, PROFES, PAIS, NAIS, AVÓS, IRMÁNS, ....
É unha
festa organizada polo centro e a ANPA, na que estamos incluídos todos, sexamos
socios da ANPA ou non.
A
festa é de disfraces, os nenos poden traer os disfraces no bolso e poñelos a
hora do xantar, os pais e avós que tamén veñan disfrazados.
A
festa consiste en:
De
14.00 a 16.00 xantaremos todos xuntos nos patios do cole. Mentres xantamos
haberá uns gaiteiros tocando e amenizando esas dúas horas, queremos que se
pareza o máximo posible a unha romaría, os que queiran poderán bailar e cantar,
( pensade en Darbo .) Se tendes gaitas, panderetas traedeas para tocar.
Podedes
traer a comida da casa ou ben encargala a ANPA, ou comprala no cole pois
poremos un pequeno posto de empanadas e bocadillos. Os cartos recadados irán o
peto da ANPA. Tamén teremos un pequeno posto de bebidas, augas, zumes.
De 16.00
a 18.00 faremos xogos, traeremos xogos do colexio JUAN XXIII e os nenos do JUAN
XXIII estarán con nós para axudarnos a xogar.
Esperamos
que todos participedes e pasar un moi bo día se o tempo nos deixa, claro.
Estas son as actuacións realizadas o longo deste curso
9:52
|
1. Participamos cos nenos que
asisten a clase de modelado no concurso anual de debuxo Certamen Fertiberia de
Pintura Rural Infantil patrocinado pola empresa Fertiberia S.A., e a Fundación
Juan-Miguel Villar Mir.
2. Axudamos os mestres a preparar
o magosto que se realizou en Liméns, preparando as castañas e asándoas.
3. Axudamos os mestres no Samaín,
e entre tódolos pais fixemos unha merenda cos doces típicos para comer no cole.
4. Axudamos o día do cross
escolar, e demos unha dotación económica para ese día.
5. Vendimos camisetas co logo do
cole e as ganancias destináronse a excursión dos nenos de sexto.
6. Organizamos e realizamos a
festa de nadal que consisteu en:
Entre tódolos pais preparar doces
típicos destas datas para que os nenos as comeran no colexio.
Recoller as cartas para os Reis
magos.
Preparamos unha pequena merenda
para os alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria, que consistiu en
roscón e zumes, que os mestres repartiron polas clases.
Fixemos dúas funcións de
microteatro para os nenos.
7. No entroido, entre tódolos
pais, preparamos unha merenda cos doces típicos para comer no cole.
8. Organizamos no mes de maio uns
talleres gratuitos de biodanza para os socios da ANPA.
9. Colaboramos cun articulo na
revista do cole.
10. Organizamos un festival coa
actividades da ANPA o sábado un de xuño pola tarde.
11. Invitamos os nenos de 6º a
unha cea de fin de curso.
12. Seguimos coa recollida de
tapóns, que tan bo resultado está dando.
13. A nosa aportación na semana
cultural do centro foi preparar dúas obras de microteatro onde os actores foron
os pais e escenificamola para os nenos.
14. No mes de novembro pedimos os
pais que deixen no cole todos aqueles libros, puzles, xoguetes, que os leus
fillos non utilicen e os repartimos entre as clases, e o comedor.
15. Conseguimos xunto coa
federación de ANPAS a Gameliña que o concello organice un banco de libros de
texto.
17. Conseguimos xunto coa
federación de ANPAS a Gameliña que o concello organice os campamento de verán
cubrindo as horas de 9 a 14.00, todos os días da semana para conciliar a vida
laboral e familiar.
18. Aportamos unha cantidade
económica xunto cos pais, e o centro, para a actividade escolar de teatro en
inglés.
19. Baixamos o prezo da
aportación dos socios a ANPA a 15€.
20. Colaboramos co concello e os
mestres, na realización dunha carroza para o desfile da cabalgata de Reis.
21. Organizamos actividades
extraescolares dende o mes de outubro ata o mes de maio, ámbolos dous inclusive.
22. Preparamos xunto co centro
unha festa festa de fin de curso.
23. Demos unha aportación
económica para o pintado do muro exterior do centro.
24. Participamos en encerros e manifestacións en contra da LONCE.
25. Participamos en encerros, concentracións,
en contra da Lei LOMCE.
26. Xestionamos a solicitude da
subvención do comedor do curso 2011/2012, así coma o reparto dos cartos da
subvención, os pais que tiveron nese ano os seus fillos o comedor.
27. Na actividade de Modelado a
ANPA pagou os materiais.
28. Na actividade de fútbol a
ANPA pagou os equipaxes dos nenos.
Estas son as actuacións máis importantes
que realizou a ANPA este curso.
jueves, 2 de mayo de 2013
10:16
|
BIODANZA
LUNS 6 DE MAIO DE 16.30 A 17.30 COMEDOR COLE.
Gratuita para os socios ANPA. NON SOCIOS pagarán cota de 3€
Suscribirse a:
Entradas
(Atom)