ANPA CEIP Nazaret
Con la tecnología de Blogger.
Enlaces de interese
Seguidores
O tempo
O noso cole
viernes, 14 de junio de 2013
Estas son as actuacións realizadas o longo deste curso
9:52
|
1. Participamos cos nenos que
asisten a clase de modelado no concurso anual de debuxo Certamen Fertiberia de
Pintura Rural Infantil patrocinado pola empresa Fertiberia S.A., e a Fundación
Juan-Miguel Villar Mir.
2. Axudamos os mestres a preparar
o magosto que se realizou en Liméns, preparando as castañas e asándoas.
3. Axudamos os mestres no Samaín,
e entre tódolos pais fixemos unha merenda cos doces típicos para comer no cole.
4. Axudamos o día do cross
escolar, e demos unha dotación económica para ese día.
5. Vendimos camisetas co logo do
cole e as ganancias destináronse a excursión dos nenos de sexto.
6. Organizamos e realizamos a
festa de nadal que consisteu en:
Entre tódolos pais preparar doces
típicos destas datas para que os nenos as comeran no colexio.
Recoller as cartas para os Reis
magos.
Preparamos unha pequena merenda
para os alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria, que consistiu en
roscón e zumes, que os mestres repartiron polas clases.
Fixemos dúas funcións de
microteatro para os nenos.
7. No entroido, entre tódolos
pais, preparamos unha merenda cos doces típicos para comer no cole.
8. Organizamos no mes de maio uns
talleres gratuitos de biodanza para os socios da ANPA.
9. Colaboramos cun articulo na
revista do cole.
10. Organizamos un festival coa
actividades da ANPA o sábado un de xuño pola tarde.
11. Invitamos os nenos de 6º a
unha cea de fin de curso.
12. Seguimos coa recollida de
tapóns, que tan bo resultado está dando.
13. A nosa aportación na semana
cultural do centro foi preparar dúas obras de microteatro onde os actores foron
os pais e escenificamola para os nenos.
14. No mes de novembro pedimos os
pais que deixen no cole todos aqueles libros, puzles, xoguetes, que os leus
fillos non utilicen e os repartimos entre as clases, e o comedor.
15. Conseguimos xunto coa
federación de ANPAS a Gameliña que o concello organice un banco de libros de
texto.
17. Conseguimos xunto coa
federación de ANPAS a Gameliña que o concello organice os campamento de verán
cubrindo as horas de 9 a 14.00, todos os días da semana para conciliar a vida
laboral e familiar.
18. Aportamos unha cantidade
económica xunto cos pais, e o centro, para a actividade escolar de teatro en
inglés.
19. Baixamos o prezo da
aportación dos socios a ANPA a 15€.
20. Colaboramos co concello e os
mestres, na realización dunha carroza para o desfile da cabalgata de Reis.
21. Organizamos actividades
extraescolares dende o mes de outubro ata o mes de maio, ámbolos dous inclusive.
22. Preparamos xunto co centro
unha festa festa de fin de curso.
23. Demos unha aportación
económica para o pintado do muro exterior do centro.
24. Participamos en encerros e manifestacións en contra da LONCE.
25. Participamos en encerros, concentracións,
en contra da Lei LOMCE.
26. Xestionamos a solicitude da
subvención do comedor do curso 2011/2012, así coma o reparto dos cartos da
subvención, os pais que tiveron nese ano os seus fillos o comedor.
27. Na actividade de Modelado a
ANPA pagou os materiais.
28. Na actividade de fútbol a
ANPA pagou os equipaxes dos nenos.
Estas son as actuacións máis importantes
que realizou a ANPA este curso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario