ANPA CEIP Nazaret
Con la tecnología de Blogger.
Enlaces de interese
Seguidores
O tempo
O noso cole
viernes, 26 de abril de 2013
Resumo LEI LOMCE
12:54
|
LEI LOMCE RESUMO
Este é un pequeno resumo sobre a
nova Lei de educación que quere aprobar o goberno. Neste resumo so están postas
unhas poucas cousas para non face-lo moi extenso, hai moitas páxinas en
internet que falan desta lei moi polo miúdo e a explican con todo o detalle.
Dende o goberno central elixirían
o 65% do contido das materias, (agora organizan o 55%).
A asignatura de Relixión será avaliable.
A administración, e dicir, o
goberno, elixirá os directores de cada centro.
O consello escolar será un órgano
consultivo sen poder de decisión.
Os centros concertados poderán segregar
por cuestión de xénero.
Volven as revalidas. Os examinadores
serán externos o centro.
A primeira revalida se fará en 2º
de primaria. A segunda reválida será en 6º de primaria. Aínda que se teña o
curso aprobado se o alumno suspende a reválida repetirá curso.
En 4º da ESO teñen que aprobar a
reválida, se suspenden non obteñen o título aínda que teñan aprobada a ESO.
En 2º de bacharelato o título
tamén se obterá a través da reválida.
Os alumnos que non sexan capaces
de seguir este sistema e se desvíen o FP básico estarán fora do sistema. Pois este
FP básico non habilita para ningunha profesión e non outorga ningún título.
Para volver o sistema teñen que aprobar a reválida.
Os resultados das reválidas serán
públicos, creando así centros de primeira, segunda e terceira categoría. Os
centros recibiran as dotación económicas dependendo dos resultados das
reválidas dos seus alumnos. Non poderá haber así a avaliación continúa.
Elimínanse asignaturas de arte na
ESO coma a de música.
Os nenos con dificultades de
aprendizaxe, estarán totalmente desentendidos pois non haberá especialistas
para atendelos.
Aumenta o número de alumnos por
clase.
. Está é unha lei sen consenso
ningún. Imposta por o goberno de turno para o lucimento dun ministro.
. Os pais pedimos unha lei de educación
consensuada entre tódolos partidos políticos, profesores e pais. É unha
educación GRATUITA e IGUALITARIA.
. A educación é un dereito
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario