ANPA CEIP Nazaret

Este é o blog do ANPA do CEIP Nazaret de Cangas, con el intentaremos mantervos informados de todo o que fagamos durante o curso.
Se queredes poñervos en contacto connosco, o noso correo electrónico é:

Google Académico

Galipedia

Wikipedia

Con la tecnología de Blogger.

A revista do cole

Traductor Xunta

Seguidores

Visitas

contador de visitas

O tempo

O noso cole

Campamentos verán

Este ano os campamentos de verán serán organizados polo concello.
Entre mediados e finais de maio sairan os prazos de inscrición. 
O campamento será no antigo centro infantil de Coiro, A Retirosa. Os nenos poderán estar en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. Ou tamén en horarios máis reducidos.
Está dirixido a nenos de infantil e primaria de todo o concello.
Se fose moi alta a demanda habilitarase outro na zona de Aldán-Hio.
O concello escolleu este centro para que os nenos non estivesen todo o ano no mesmo centro escolar e poidesen desconectar nas vacacións.

Resumo LEI LOMCE


LEI LOMCE RESUMO

Este é un pequeno resumo sobre a nova Lei de educación que quere aprobar o goberno. Neste resumo so están postas unhas poucas cousas para non face-lo moi extenso, hai moitas páxinas en internet que falan desta lei moi polo miúdo e a explican con todo o detalle.  

Dende o goberno central elixirían o 65% do contido das materias, (agora organizan o 55%).

A asignatura de Relixión será avaliable.

A administración, e dicir, o goberno, elixirá os directores de cada centro.

O consello escolar será un órgano consultivo sen poder de decisión.

Os centros concertados poderán segregar por cuestión de xénero.

Volven as revalidas. Os examinadores serán externos o centro.

A primeira revalida se fará en 2º de primaria. A segunda reválida será en 6º de primaria. Aínda que se teña o curso aprobado se o alumno suspende a reválida repetirá curso.

En 4º da ESO teñen que aprobar a reválida, se suspenden non obteñen o título aínda que teñan aprobada a ESO.

En 2º de bacharelato o título tamén se obterá a través da reválida.

Os alumnos que non sexan capaces de seguir este sistema e se desvíen o FP básico estarán fora do sistema. Pois este FP básico non habilita para ningunha profesión e non outorga ningún título. Para volver o sistema teñen que aprobar a reválida.

Os resultados das reválidas serán públicos, creando así centros de primeira, segunda e terceira categoría. Os centros recibiran as dotación económicas dependendo dos resultados das reválidas dos seus alumnos. Non poderá haber así a avaliación continúa.

Elimínanse asignaturas de arte na ESO coma a de música.

Os nenos con dificultades de aprendizaxe, estarán totalmente desentendidos pois non haberá especialistas para atendelos.  

Aumenta o número de alumnos por clase.

. Está é unha lei sen consenso ningún. Imposta por o goberno de turno para o lucimento dun ministro.

. Os pais pedimos unha lei de educación consensuada entre tódolos partidos políticos, profesores e pais. É unha educación GRATUITA e IGUALITARIA.

. A educación é un dereito