ANPA CEIP Nazaret

Este é o blog do ANPA do CEIP Nazaret de Cangas, con el intentaremos mantervos informados de todo o que fagamos durante o curso.
Se queredes poñervos en contacto connosco, o noso correo electrónico é:

Google Académico

Galipedia

Wikipedia

Con la tecnología de Blogger.

A revista do cole

Traductor Xunta

Seguidores

Visitas

contador de visitas

O tempo

O noso cole

Faremos... Curso 2014/2015

Estas son as actuacións que tentaremos realizar o longo deste curso.
1. Organizaremos as actividades extraescolares.
2. Axudaremos os mestres a preparar o magosto.
3. Axudaremos o día do cross escolar que se realizará o ultimo domingo de Novembro.
4. Realizaremos un teatro de pais para representar no colexio na festa de Nadal aos nenos.
5.Faremos unha carroza para sair na cabalgata de reis.
6. Organizaremos e realizaremos a festa de nadal que consistirá en:
 Entre tódolos pais preparar doces típicos destas datas para que os nenos as poidan comer no colexio.
 Recoller as cartas para os Reis magos.
 Preparar unha pequena merenda para os alumnos de infantil, que os mestres repartirán polas clases.
 Representación do teatro, organizado polos pais.
7. Os nenos do terceiro ciclo faran unha manualidade, os materias que se precisen comprar os pagará a ANPA, dita manualidade será un agasallo que estes nenos farán os nenos de infantil. Este é o terceiro ano que a ANPA propón esta actividade.
8. No entroido, entre tódolos pais, prepararemos unha merendas cos doces típicos para comer no cole e un concurso culinario.
9. Tentaremos facer un concurso de doces típicos do entroido o día da festa do entroido.
10. Pediremos poder colaborar cun artículo na revista do cole.
11. Faremos unha festa da ANPA para os nenos socios, os nenos non socios terán que pagar unha cota.
12. Organizaremos unha excursión  para os socios, os non socios terán un precio diferente.
13. Invitaremos os nenos de 6º a unha cea ou comida de fin de curso.
14. Seguiremos coa recollida de tapóns, que tan bo resultado está dando.
15. Tentaremos levar a cabo un proxeto que sonsiste en que os nenos do cole vaian camiñando sos ata o centro.
16. Aportaremos unha cantidade económica xunto cos pais, e o centro, para a actividade escolar de teatro en inglés. Ademáis os pais socios non terán aboar ningunha cantidade pois o fara a ANPA.
17. Concurso de carteis de entroido.
18. Proxecto Cediño na Escola.

Todas estas propostas e algunha máis que poida xurdir terán que ser aprovadas polos socios.
Se tendes algunha idea podedela comunicar a ANPA, ben por correo, falando con nós, estaremos encantados de escoitala. 

0 comentarios: