ANPA CEIP Nazaret

Este é o blog do ANPA do CEIP Nazaret de Cangas, con el intentaremos mantervos informados de todo o que fagamos durante o curso.
Se queredes poñervos en contacto connosco, o noso correo electrónico é:

Google Académico

Galipedia

Wikipedia

Con la tecnología de Blogger.

A revista do cole

Traductor Xunta

Seguidores

Visitas

contador de visitas

O tempo

O noso cole

viernes, 14 de junio de 2013

FESTA DO VENRES 21 DE XUÑO


O venres 21 de xuño realizarase unha festa fin de curso. Este ano, co motivo do 50 aniversario do cole será unha festa un pouco diferente.

Esta festa é para TODOS OS NENOS, PROFES, PAIS, NAIS, AVÓS, IRMÁNS, ....

É unha festa organizada polo centro e a ANPA, na que estamos incluídos todos, sexamos socios da ANPA ou non.

A festa é de disfraces, os nenos poden traer os disfraces no bolso e poñelos a hora do xantar, os pais e avós que tamén veñan disfrazados.

 

A festa consiste en:

De 14.00 a 16.00 xantaremos todos xuntos nos patios do cole. Mentres xantamos haberá uns gaiteiros tocando e amenizando esas dúas horas, queremos que se pareza o máximo posible a unha romaría, os que queiran poderán bailar e cantar, ( pensade en Darbo .) Se tendes gaitas, panderetas traedeas para tocar.

Podedes traer a comida da casa ou ben encargala a ANPA, ou comprala no cole pois poremos un pequeno posto de empanadas e bocadillos. Os cartos recadados irán o peto da ANPA. Tamén teremos un pequeno posto de bebidas, augas, zumes.

 

De 16.00 a 18.00 faremos xogos, traeremos xogos do colexio JUAN XXIII e os nenos do JUAN XXIII estarán con nós para axudarnos a xogar.

 

Esperamos que todos participedes e pasar un moi bo día se o tempo nos deixa, claro.

Estas son as actuacións realizadas o longo deste curso


1. Participamos cos nenos que asisten a clase de modelado no concurso anual de debuxo Certamen Fertiberia de Pintura Rural Infantil patrocinado pola empresa Fertiberia S.A., e a Fundación Juan-Miguel Villar Mir.

2. Axudamos os mestres a preparar o magosto que se realizou en Liméns, preparando as castañas e asándoas.

3. Axudamos os mestres no Samaín, e entre tódolos pais fixemos unha merenda cos doces típicos para comer no cole.

4. Axudamos o día do cross escolar, e demos unha dotación económica para ese día.

5. Vendimos camisetas co logo do cole e as ganancias destináronse a excursión dos nenos de sexto.

6. Organizamos e realizamos a festa de nadal que consisteu en:

Entre tódolos pais preparar doces típicos destas datas para que os nenos as  comeran no colexio.

Recoller as cartas para os Reis magos.

Preparamos unha pequena merenda para os alumnos de infantil e primeiro ciclo de primaria, que consistiu en roscón e zumes, que os mestres repartiron polas clases.

Fixemos dúas funcións de microteatro para os nenos.

7. No entroido, entre tódolos pais, preparamos unha merenda cos doces típicos para comer no cole.

8. Organizamos no mes de maio uns talleres gratuitos de biodanza para os socios da ANPA.

9. Colaboramos cun articulo na revista do cole.

10. Organizamos un festival coa actividades da ANPA o sábado un de xuño pola tarde.

11. Invitamos os nenos de 6º a unha cea de fin de curso.

12. Seguimos coa recollida de tapóns, que tan bo resultado está dando.

13. A nosa aportación na semana cultural do centro foi preparar dúas obras de microteatro onde os actores foron os pais e escenificamola para os nenos.

14. No mes de novembro pedimos os pais que deixen no cole todos aqueles libros, puzles, xoguetes, que os leus fillos non utilicen e os repartimos entre as clases, e o comedor.

15. Conseguimos xunto coa federación de ANPAS a Gameliña que o concello organice un banco de libros de texto.

17. Conseguimos xunto coa federación de ANPAS a Gameliña que o concello organice os campamento de verán cubrindo as horas de 9 a 14.00, todos os días da semana para conciliar a vida laboral e familiar.

18. Aportamos unha cantidade económica xunto cos pais, e o centro, para a actividade escolar de teatro en inglés.

19. Baixamos o prezo da aportación dos socios a ANPA a 15€.

20. Colaboramos co concello e os mestres, na realización dunha carroza para o desfile da cabalgata de Reis.

21. Organizamos actividades extraescolares dende o mes de outubro ata o mes de maio, ámbolos dous inclusive.

22. Preparamos xunto co centro unha festa festa de fin de curso.

23. Demos unha aportación económica para o pintado do muro exterior do centro.
24. Participamos en encerros e manifestacións en contra da LONCE.

25. Participamos en encerros, concentracións, en contra da Lei LOMCE.

26. Xestionamos a solicitude da subvención do comedor do curso 2011/2012, así coma o reparto dos cartos da subvención, os pais que tiveron nese ano os seus fillos o comedor.

27. Na actividade de Modelado a ANPA pagou os materiais.

28. Na actividade de fútbol a ANPA pagou os equipaxes dos nenos.

 

Estas son as actuacións máis importantes que realizou a ANPA este curso.