ANPA CEIP Nazaret

Este é o blog do ANPA do CEIP Nazaret de Cangas, con el intentaremos mantervos informados de todo o que fagamos durante o curso.
Se queredes poñervos en contacto connosco, o noso correo electrónico é:

Google Académico

Galipedia

Wikipedia

Con la tecnología de Blogger.

A revista do cole

Traductor Xunta

Seguidores

Visitas

contador de visitas

O tempo

O noso cole

viernes, 14 de junio de 2013

FESTA DO VENRES 21 DE XUÑO


O venres 21 de xuño realizarase unha festa fin de curso. Este ano, co motivo do 50 aniversario do cole será unha festa un pouco diferente.

Esta festa é para TODOS OS NENOS, PROFES, PAIS, NAIS, AVÓS, IRMÁNS, ....

É unha festa organizada polo centro e a ANPA, na que estamos incluídos todos, sexamos socios da ANPA ou non.

A festa é de disfraces, os nenos poden traer os disfraces no bolso e poñelos a hora do xantar, os pais e avós que tamén veñan disfrazados.

 

A festa consiste en:

De 14.00 a 16.00 xantaremos todos xuntos nos patios do cole. Mentres xantamos haberá uns gaiteiros tocando e amenizando esas dúas horas, queremos que se pareza o máximo posible a unha romaría, os que queiran poderán bailar e cantar, ( pensade en Darbo .) Se tendes gaitas, panderetas traedeas para tocar.

Podedes traer a comida da casa ou ben encargala a ANPA, ou comprala no cole pois poremos un pequeno posto de empanadas e bocadillos. Os cartos recadados irán o peto da ANPA. Tamén teremos un pequeno posto de bebidas, augas, zumes.

 

De 16.00 a 18.00 faremos xogos, traeremos xogos do colexio JUAN XXIII e os nenos do JUAN XXIII estarán con nós para axudarnos a xogar.

 

Esperamos que todos participedes e pasar un moi bo día se o tempo nos deixa, claro.

0 comentarios: