ANPA CEIP Nazaret

Este é o blog do ANPA do CEIP Nazaret de Cangas, con el intentaremos mantervos informados de todo o que fagamos durante o curso.
Se queredes poñervos en contacto connosco, o noso correo electrónico é:

Google Académico

Galipedia

Wikipedia

Con la tecnología de Blogger.

A revista do cole

Traductor Xunta

Seguidores

Visitas

contador de visitas

O tempo

O noso cole

lunes, 15 de octubre de 2012

Nota informativa a raiz da convocatoria de folga




Cangas, 16 de outubro do 2012

NOTA INFORMATIVA


En relación a convocatoria de folga das Anpas, iniciada por Ceapa e Confapa para o vindeiro 18 de outubro por motivo dos recortes, a Federación de Anpas de Cangas, na que estamos adscritos, convocou onte 15 de outubro unha reunión extraordinaria, na que se decidiu o seguinte:

Esta Federación e as anpas que a conforman non convocarán á folga aos pais e nais desta comunidade, ainda que COMPARTIMOS PLENAMENTE AS REIVINDICACIÓNS que presiden a folga.

A non coincidencia dos ámbitos nos que se convocou a folga (só ensino, e non ámbito laboral) limita enormemente os nosos obxetivos. En verdade cremos que esta é unha loita nosa, de nais e pais e non dos nosos fillos e fillas (cursando ensino obrigatorio).

Igualmente respetamos aos convocantes e cremos que individualmente, as familias somos libres de apoiar e ser partícipes de tódalas concentracións que poidamos.


Atentamente,

A Xunta Directiva
domingo, 14 de octubre de 2012

Actividades extraescolares de A Rúa, O Hio e Castrillón

  • Estas son as actividades extraescolares de A Rúa.
Luns: Artes Plásticas de 16:30 a 17:30. 10€ para soci@s y 15€ para no soci@s
Mércores: Taller de maxia e ilusionismo de 16:30 a 18:00. 12€ para soci@s e 17€ para non soci@s
Xoves: Biodanza de 16:30 a 17:30. 10€ para soci@s e 15€ para non soci@s

  • Estas son as actividades extraescolares de O Hio.

Luns
4/5
Informatica para pais avanzados
5/6
Informatica para pais principiantes
4/5
Baile moderno dende 3 anos

Pimpon dende primaria
Martes
4/5
Gaita dende primaria
5/6
Percusión
Mércores
4/5
Batuka dende primaria
5/6
Tenis dende primaria
4/5
Tenis


4/5
Cociña


Xoves
4/5
Xadrez
5/6
Baile Galego dende 3 anos
4/5
Inglés 1º e 2º
5/6
Fútbito
4/5
Fútbito
5/6:15
Expresión corporal conta contos


  • As actividades de Castrillón (Coiro) teñen o cupo cheo excepto estas dúas:

Xoves 4/5 Acrollin: Saltos acrobáticos con coreografías. A partir de 3º de primaria.
           4/5 Yoga para infantil

O custo destas actividades e de 8€ o mes.

Novas sobre a conta da ANPA

O xoves pasado, falamos co director de Novagaliciabanco, non van cobrar os 3€ de comisión os pais que non sexan clientes do banco cando ingresen a cota da ANPA, e dovolverán os tres euros a aqueles pais que llos cobraran. A conta quedará no mesmo banco, podedes pagar en calquera des tres sucursais de Cangas, se pagades noutro pobo, si que vos cobrarán os tres euros. O nº de conta é: 2080/5022/10/3040004809. Lembrade poñer como concepto: Nome e apelidos dos nenos/nenas e o curso. Cota 15€ anuais por familia. Data límite de pago 30 de novembro.