ANPA CEIP Nazaret

Este é o blog do ANPA do CEIP Nazaret de Cangas, con el intentaremos mantervos informados de todo o que fagamos durante o curso.
Se queredes poñervos en contacto connosco, o noso correo electrónico é:

Google Académico

Galipedia

Wikipedia

Con la tecnología de Blogger.

A revista do cole

Traductor Xunta

Seguidores

Visitas

contador de visitas

O tempo

O noso cole

lunes, 15 de octubre de 2012

Nota informativa a raiz da convocatoria de folga




Cangas, 16 de outubro do 2012

NOTA INFORMATIVA


En relación a convocatoria de folga das Anpas, iniciada por Ceapa e Confapa para o vindeiro 18 de outubro por motivo dos recortes, a Federación de Anpas de Cangas, na que estamos adscritos, convocou onte 15 de outubro unha reunión extraordinaria, na que se decidiu o seguinte:

Esta Federación e as anpas que a conforman non convocarán á folga aos pais e nais desta comunidade, ainda que COMPARTIMOS PLENAMENTE AS REIVINDICACIÓNS que presiden a folga.

A non coincidencia dos ámbitos nos que se convocou a folga (só ensino, e non ámbito laboral) limita enormemente os nosos obxetivos. En verdade cremos que esta é unha loita nosa, de nais e pais e non dos nosos fillos e fillas (cursando ensino obrigatorio).

Igualmente respetamos aos convocantes e cremos que individualmente, as familias somos libres de apoiar e ser partícipes de tódalas concentracións que poidamos.


Atentamente,

A Xunta Directiva

0 comentarios: