ANPA CEIP Nazaret

Este é o blog do ANPA do CEIP Nazaret de Cangas, con el intentaremos mantervos informados de todo o que fagamos durante o curso.
Se queredes poñervos en contacto connosco, o noso correo electrónico é:

Google Académico

Galipedia

Wikipedia

Con la tecnología de Blogger.

A revista do cole

Traductor Xunta

Seguidores

Visitas

contador de visitas

O tempo

O noso cole

domingo, 24 de marzo de 2013

Comunicado Comedores


Este é o comunicado de prensa que a federación de ANPAS de Ferrolterra enviou a prensa co motivo dos recortes nos comedores escolares. Este mesmo escrito foi remitido a xunta de Galicia en nome de varias federacións de ANPAS incluida a de Cangas onde o noso centro é socio.
 
A Federación de Anpas de Centros Públicos de Ferrolterra quer facer público un comunicado ó respecto das declaracións dos responsables da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recentemente publicadas.

A Federación de Anpas de Ferrolterra, xunto con Foanpas de Vigo,  Federación de Anpas de Compostela e Comarca, Federación de Anpas de Cangas, Federación de Anpas de Ponteareas e Federación de Anpas de Val Miñor, o pasado día 18/03/2013 fixemos entrega dun escrito no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia dirixido ao Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No escrito amosamos o mais absoluto rexeitamento ás pretensións manifestadas polo Conselleiro de Educación, de cobrar o servizo de comedores escolares alí onde ate agora é gratuíto. Lonxe desta perspectiva mercantilista da educación, as familias consideramos que os comedores escolares son unha parte esencial do servizo educativo, e como tal debe ser público e gratuíto, polo tanto prestado pola Xunta de Galiza dentro do conxunto da actuación educativa. Entendemos que hai que tender á universalización deste servizo en todos os centros educativos da Comunidade, implantando un modelo de xestión igual que elimine os desequilibrios e as diferencias territoriais.

Rexeitamos rotundamente o reiterado discurso do goberno galego, e español, que xustifica os recortes educativos na situación de crise económica actual, o custo da educación non pode ser considerado un gasto, é o mais grande investimento que pode realizar unha sociedade de cara ao seu futuro. A política de recortes no sistema educativo solo consigue reducir a súa calidade e castigar aínda mais as xa maltreitas economías familiares, duramente castigadas por unha crise financeira que foi provocada polo insaciable apetito do gran capital, único beneficiario do desmantelamento do estado social.

Nesta mesma liña denunciamos e rexeitamos con igual rotundidade, a abusiva suba das taxas nas esinanzas especiais (a música, o deporte, as artes escénicas, os idiomas, etc...), estas constitúen un complemento necesario e indispensable na formación persoal e social das nosas fillas e fillos, estas políticas as converten en ensinanzas elitizadas, reservadas as clases sociais mais poderosas economicamente.

Para finalizar queremos transmitir ao Goberno da Xunta que as familias galegas poremos todo o noso esforzo e utilizaremos  todos os mecanismos ao noso alcance, para evitar a destrucción do sistema educativo actual que, aínda que por suposto é mellorable, está considerado un dos mais igualitarios e compensadores de Europa.

Asinado Javier Sánchez, Presidente de Feanpas Ferrolterra

Ferrol, 23 de marzo de 2013

0 comentarios: